Transparencia e responsabilidade social


A universidade pública ten a obriga de ser transparente na súa xestión e de asumir a responsabilidade social da formación superior e de calidade. Ademais, entedemos unha universidade ética, empeñada no bo facer e cunha clara intención de ser referente dunha sociedade mellor para todos.

Por iso, temos unha especial preocupación pola transparencia informativa, que permita a toda a comunidade universitaria e a toda a sociedade coñecer o estado actual da USC e, polo tanto, aumentar o compromiso da nosa rendición de contas.

Do mesmo xeito, cómpre ter claro que necesitamos crer máis na nosa responsabilidae social, sen dúbida unha das misións dunha universidade pública. Queremos crear unha USC comprometida, que asuma o seu papel social, e cunha visión clara: ser unha peza fundamental do futuro.

O noso proxecto quere desenvolver estas propostas:

  • Realizar unha planificación de avaliacións periódicas de todos os plans estratéxicos e accións asociadas.
  • Extender a transparencia ao control da cadea de proveedores e clientes para garantir o éxito da Responsabilidade Social.
  • Incluir a política de Responsabilidade Social dentro dos procesos de gobernanza da USC.
  • Establecer os mecanismos de xestión cos criterios de sostibilidade económica, social e ambiental, reordenando a actividade de todos eles.
  • Facer unha declaración de compromiso de toda a comunidade universitaria.
  • Creación dunha Comisión de Responsabilidade Social na que estean representados todos colectivos da comunidade universitaria así como os grupos de interese que lle afecta á universidade, como proveedores, empresas, institucións, …
  • Crear un modelo de Memoria de Responsabilidade Social que permita a actualización continua, a medición de indicadores, a comprobación de actuacións e a determinación de accións de mellora.
  • Establecer un calendario de eventos internacionais nos que a USC debe estar representada para poder coñecer as tendencias mundiais e contrastar os procedementos internos.

 

image_pdfimage_print