Candidatura de Juan Viaño.
Estas son as nosas ideas para Por onde empezaremos?


É obrigado comezar polo financiamento. Levamos tres anos con orzamentos prorrogados e isto estanos afogando. Pero ademais, temos que traballar desde o primeiro minuto nas nosas propostas concretas para os estudantes, o PDI, o PAS e lograr modernizar a USC o antes posible.

As accións polas que empezaremos son:

 

  1. Modernizar os sistemas de xestión económica a través das metodoloxías da contabilidade de xestión, o que nos permitirá coñecer exactamente canto nos custa ofrecer os servizos, tanto aos estudantes coma ao resto dos grupos de interese.
  2. Modernizar as distintas unidades encargadas da información ao estudantado para lograr unha maior eficacia na solución de problemas (Oficina de información, bolsas, oficina de relacións internacionais, voluntariado, orientación laboral, …)
  3. Crear un programa para a medición da carga docente de cada PDI en función de dedicación docente, do número de estudantes atendidos, dos resultados e dedicación da actividade investigadora e das actividades de xestión. Os resultados publicaranse de tal xeito que poidan ser tidos en conta para os trámites de PDA e POD.
  4. Fundamentar as políticas para os PAS na contratación, estabilización, consolidación e reforzo nas áreas, servizos ou unidades que así o requiran segundo a estratexia global da USC.
  5. Consolidar a oferta formativa da USC, prestando especial atención aos graos e másteres que están en perigo de desaparecer.
  6. Modernizar todas as estructuras de xestión da investigación, creando unidades de captación de recursos e aliviando a burocracia nos procesos.
  7. Simplificar a administración, actualizando os trámites burocráticos internos a través de modificación de protocolos, informatización dos procesos e reducción de duplicidades e coordinando aos servizos que teñen que aportar o seu esforzo para a solución de cada tema. Consolidaremos a transparencia na USC e extenderémola ao control da cadea de proveedores e clientes para garantir o éxito da Responsabilidade Social.
  8. Modernizar, reforzar e coordinar entre si as unidades e servizos que interveñen na captación, matrícula e xestión de estudantes extranxeiros e de estudantes da USC que optaron pola mobilidade internacional.
  9. Coordinar e centralizar distintas unidades de apoio ao emprendedor existentes na USC, establecendo sinerxias entre elas e optimizando os recursos dispoñibles, tanto no campus de Lugo como no de Santiago.
  10. Creación dun catálogo de tecnoloxías e capacidades da USC, con especial atención á singularidade dos campus de Lugo e Santiago, para lograr as potencialidades de transferencia e innovación da universidade compostelá.
  11. Modernizar a estructura organizativa da área TIC para adaptala ás novas necesidades tanto tácticas e estratéxicas coma operativas.
  12. Crear unha Área de Comunicación, que englobe a xestion integral das relacions e da comunicación con todos os públicos internos e externos da USC, incluíndo márketing, relacións cos medios de comunicación e todo o relacionado coas redes sociais e novas tecnoloxías.

 

Intelixencia colectiva

Seguro que estas propostas se poden mellorar coas túas. Agradecémosche moito que no las mandes para valoralas e introducilas no programa definitivo que estamos elaborando: