Infraestruturas


As infraestruturas son as que permitiron que a USC medrara dun xeito importante nas últimas dúas décadas. Grazas á construción de novas facultades, de centros singulares e da consecución dun equipamento actualizado, podemos estar falando da USC que temos hoxe.

A estratexia de crecemento tamén forma parte da filosofía da candidatura encabezada por Juan Viaño, pero somos conscientes do cambio radical que se produciu tanto no sistema público coma no privado e que nos obriga a entender as infraestruturas dun modo distinto. Por iso, na nosa proposta facemos unha clara distinción entre a mellora de todas as infraestruturas e equipamentos dos que dispón a USC e a necesidade de planificar o seu crecemento que, aínda que sexa a un ritmo máis lento, debe seguir existindo para garantir a supervivencia da institución.

As propostas que presentamos para a xestión e a mellora das infraestruturas son:

 

Xestionar mellor o que temos

  • Deseñar un plan estratéxico en infraestruturas de interese institucional, que permita, determinando necesidades e obxectivos claros, concorrer ás convocatorias sen improvisacións, no que se primen os intereses e servizos comúns e, en todo caso, se primen as grandes unidades de investigación.
  • Integrar a planificación das estruturas nos obxectivos de sustentabilidade económica e ambiental que conforman os criterios de responsabilidade social da USC.
  • Presentación do plan estratéxico de infraestruturas á Xunta de Galicia como parte da aposta institucional polo futuro da USC, para acadar a súa implicación no mesmo.
  • Analizar os espazos e medios dispoñibles nos Campus da USC, ante as modificacións nas composicións dos grupos que se producirán nos vindeiros anos, para un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.
  • Establecer unha normativa de xestión dos espazos de investigación para que sexan dinámicos e flexibles, co obxectivo de atender as necesidades que se vaian xerando en cada momento.
  • Coordinar coa Oficina de Arquitectura e Urbanismo as iniciativas de mantemento e mellora das infraestruturas de investigación e, sobre todo as de nova creación, primando solucións para equipos multidisciplinares que inclúan tanto a persoal investigador como a persoal técnico.
  • Establecer contratos-programa coa administración autonómica en relación a infraestrcturas e equipamentos que prestan servizo á USC, a outras universidades e ao sector produtivo de Galicia.
  • Propiciar a unificación de infraestruturas para a investigación tanto en Lugo como en Compostela , sempre que sexa posible.
  • Deseñar plans de incorporación no uso e de viabilidade do Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA) que resulten realistas.
  • Crear un plan de renovación para o equipamento xeral e específico que ten a USC que permita unha correcta actualización de compoñentes para mellorar a súa vida útil.

 

Planificar e construír o que precisamos

  • Trazar un plan para a dotación de infraestruturas pendentes en centros de Lugo e Compostela.
  • Analizar as necesidades de novas infraestruturas en Compostela, para trazar un plan de implementación mediante a consecución de fondos FEDER, singularmente proxectos como os de Ciencias da Educación ou Medicina.
  • Renovar, en colaboración con outras institucións, a urbanización do Campus Vida.
  • Dotar de máis infraestruturas deportivas ao Campus de Lugo e mellorar as de Compostela, conseguindo fondos mediante mecenado.
  • Darlle continuidade ao traballo para a eliminación de barreiras urbanas e arquitectónicas, segundo as necesidades, tanto en Lugo como en Compostela.

 

image_pdfimage_print