Organización interna e xestión da calidade


Gobernanza e calidade

  •  A calidade ten que converterse nun modo de facer as cousas que se perpetúe no tempo e garanta un mellor xeito de facer as cousas no día a día.
  • Por iso, nesta proposta de goberno asociamos a filosofía da calidade coa súa aplicación práctica a través do modelo de gobernanza.
  • Buscamos a modernización de todos os procesos que nos permita unha mellor docencia, investigación e prestación de servizos en xeral. Sen embargo, esta filosofía do cambio e da acción debe ir acompañada sempre de propostas concretas que realmente transformen a USC.
  • Por iso, cómpre establecer cales son as liñas básicas que van fundamentar o noso xeito de facer, a nosa proposta de acción para lograr que, nun horizonte a medio prazo, a USC se converta nunha universidade moderna, que achegue solucións claras ás necesidades da sociedade de hoxe e do futuro.

 

Xestión máis eficaz

  •  Modernizar as estruturas de áreas, servizos e unidades para lograr unha maior eficacia en todos os procesos, con especial atención ás áreas estratéxicas como o Servizo de Xestión Académica, o Servizo de Relacións Exteriores, o gabinete de comunicación, os servizos de seguridade, as áreas de investigación, ….
  • Simplificar a administración, actualizando os trámites burocráticos internos a través da modificación de protocolos, a informatización dos procesos e a redución de duplicidades e coordinando os servizos que teñen que aportar o seu esforzo para a solución de cada tema.
  • Mellorar os protocolos de toma de decisión entre o Campus de Lugo e Santiago, descentralizando os servizos de uso diario e centralizando soamente os servizos que requiran determinadas dimensións.
  • Coordinar as distintas unidades que xestionan os procesos e seguimento da calidade (Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, a Oficina de Desenvolvemento Sostible, Área TIC, ….)

 

 Implantar as accións de mellora

  • Crear un programa específico de apoio técnico para asegurar a acreditación dos títulos de grao, máster e doutoramento implantados na USC.
  • Recoñecer o esforzo e a eficacia dos programas de innovación docente, das accións de mellora docente e investigadora e do grao de cumprimento das obrigas marcadas tanto polos plans de estudo como polos diferentes plans estratéxicos.Modernizar o procedemento de avaliación docente, coa incorporación dos estándares internacionais de medición de satisfacción dos grupos de interese e con especial atención ao alumnado.
  • Actualizar os compromisos da Carta de Servizos Académicos da USC e conseguir máis certificacións internacionais de calidade.
  • Modernizar e reforzar o servizo de xestión de datos que permitirá coñecer, en tempo real, as necesidades, demandas, fortalezas e debilidades de cada unha das estruturas da USC, tanto no Campus de Lugo como no de Santiago.
  • Desenvolver toda a normativa que requiren os novos Estatutos da USC no prazo de 20 meses para lograr modernizar de xeito activo todas as normas que son precisas para unha universidade do século XXI. Ter unha especial atención na normalización do uso do galego.
  • Potenciar a marca USC como elemento de calidade, polo liderado académico e investigador, pola súa crecente internacionalización e polos seus servizos á sociedade executados con responsabilidade.
  • Simplificar os procesos de xestión da calidade para lograr unha maior eficacia na aplicación das accións de mellora e unha menor burocracia nos procesos de autoinformes e recompilación de evidencias. Apostar pola informatización dos procesos.

 

image_pdfimage_print