Emprendemento


Emprender é unha actitude vital que debemos ensinar e inculcar. Temos que lograr que os nosos estudantes poidan crer nos seus proxectos, que os profesores entendan que emprender é innovar en todas as facetas e que o Persoal de Administración e Servizos asuma o reto de intentar cousas novas.

 

Para logralo, as nosas principais propostas son:

  • Modernizar iniciativas de éxito en procesos de transferencia, desde a creación, apoio e participación en spin-offs, ata o apoio a emprendedores, á vez que se incentiva a entrada de capital externo ás iniciativas empresariais.
  • Incorporar a metodoloxía Lean Startup para os procesos de desenvolvemento de proxectos empresariais emprendedores.
  • Coordinar e centralizar distintas unidades de apoio ao emprendemento existentes na USC, establecendo sinerxías entre elas e optimizando os recursos dispoñibles, tanto no Campus de Lugo como no de Santiago.
  • Crear un programa de difusión e fomento da cultura emprendedora eficiente, capaz de promover a creación de empresas, en especial de base tecnolóxica e dirixido a PDI, estudantes e PAS.
  • Participación activa en asociacións e programas de emprendemento académico, que permitan crear accións de emprendemento na docencia, na investigación e na transferencia de coñecemento.
  • Crear programas de formación para a comunidade universitaria que permitan adquirir as competencias específicas de creación de empresas e filosofía emprendedora.
  • Crear unha liña de axudas, propias e alleas, a proxectos emprendedores de alto valor engadido.
  • Crear un programa específico dentro da Área de Comunicación que permita publicitar tanto os recursos para emprendedores e emprendedoras como iniciativas de interese social e económico.

 

image_pdfimage_print