Comunicación e reputación


A boa comunicación é un dos elementos fundamentais para garantir unha correcta proxección, imaxe e reputación da USC; a mellora dos procedementos internos; a vinculación coa sociedade; a promoción da oferta académica; e a captación de investimentos e de talento en todos os sectores da comunidade universitaria.

A proposta de goberno céntrase en tres grandes aspectos.

O primeiro consiste na creación dunha Área de Comunicación, que englobe a xestion integral das relacións e da comunicación con todos os públicos internos e externos da USC, incluíndo márketing, relacións cos medios de comunicación e todo o relacionado coas redes sociais e as novas tecnoloxías.

En segundo lugar, crearase unha vicerreitoría con competencias directas sobre a comunicación. Esta vicerreitoría será a responsable de establecer as liñas tácticas e estratéxicas para a consecución do obxectivo principal, que é incluír á USC nas novas tendencias informativas.

Por último, débense actualizar os dous plans de comunicación que se fixeron nos últimos dous mandatos da USC para atender ás novas necesidades da Universidade de Santiago de Compostela. A partir das directrices destas dúas planificacións e da súa correspondente actualización, farase unha organización operativa dos obxectivos, dos procesos e da análise dos resultados que permita o éxito das accións propostas.

 

As propostas concretas para mellorar e modernizar a comunicación son:

  • Crear unha Área de Comunicación, que englobe a xestión integral das relacións e da comunicación con todos os públicos internos e externos da USC, incluíndo márketing, relacións cos medios de comunicación e todo o relacionado coas redes sociais e novas tecnoloxías. Esta área, que formará parte estable do organigrama de gobernoda USC, permitirá crear as dinámicas de traballo imprescindibles para a consecución do obxectivo proposto.
  • Crear unha vicerreitoría con competencias directas sobre a comunicación que será a responsable de establecer as súas liñas tácticas e estratéxicas, de acordo cos profesionais da Área de Comunicación.
  • Incorporar a Oficina de Información, Oficina Web e o SERVIMAV á Área de Comunicación e convertela na principal ferramenta de comunicación para os grupos de interese.
  • Actualizar os dous plans de comunicación que se fixeron nos últimos dous mandatos da USC para atender ás novas necesidades da Universidade de Santiago de Compostela. A partir das directrices destas dúas planificacións e da súa correspondente actualización, farase unha organización operativa dos obxectivos, dos procesos e da análise de resultados que permitan o éxito das accións propostas.
  • Elaborar un regulamento de uso das listas de correo electrónico que permita unha maior eficacia.
  • Fortalecer a comunicación audiovisual a través de plataformas como USC TV, como fonte de información e como canle de transmisión de coñecemento.
  • Establecer procedementos para que a comunidade universitaria teña información das decisións adoptadas polos órganos de goberno.
  • Crear unha unidade específica para a divulgación científica que promova a publicación de información de interese social nos principais medios de comunicación do mundo, con especial atención á singularidade dos Campus de Lugo e Santiago.
  • Crear un directorio de expertos de todas as áreas de coñecemento que conforme unha axenda de calidade para os medios de comunicación.
  • Mellorar a reputación da USC nos espazos locais, autonómicos, estatais e internacionais a través da calidade informativa, da transparencia e da produción de información de interese xeral.

 

 

image_pdfimage_print