Aprender na USC


>> GraosMásteres | Doutoramento | Formación permanente | Oferta docente propia | Accións transversais | Comunicación

Despois dos primeiros anos de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior detectáronse unha serie de eivas e disfuncións que deben ser estudadas e melloradas e que afectan a toda a comunidade universitaria.

A esta situación é preciso sumarlle os problemas específicos da USC, como a renovación do Persoal Docente e Investigador e doPersoal de Administración e Servizos.

Polo tanto, atopámonos nunha situación na que é preciso modernizar a oferta docente, tanto de grao como de posgrao e formación permanente atendendo sempre a criterios de calidade, interese xeral, demanda e oportunidade.

Neste proceso debemos entender a importancia das novas tecnoloxías, das novas tendencias na organización da oferta, das necesidades que ten a sociedade e, sobre todo, do interese do noso alumnado.

Na proposta da candidatura de Juan Viaño inclúese unha fonda reflexión sobre os procesos de adaptación dos estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior, tanto nos graos coma nos posgraos. Pero tamén facemos unha fonda reflexión sobre o que debe ser a Formación Permanente, sen dúbida unha das fórmulas máis demandadas pola sociedade actual e que debemos poñer en valor.

Ademais disto, entendemos a obriga dunha universidade completa coma a nosa de asumir con todo o esforzo posible a formación interdisciplinar e transversal.

Rematar os estudos universitarios non debe implicar só a adquisición de competencias concretas e técnicas, senón que implica unha formación intelectual e humanista de alto nivel. Por iso, prestamos especial atención á formación integral do alumnado.

 

As propostas para aprender mellor na USC son:

 

Oferta oficial de graos

  • Propiciar un SUG no que as tres universidades públicas tendan a unha oferta docente oficial diferenciada, en beneficio de Galicia.
  • Manter e mellorar unha oferta oficial que cubra as cinco grandes áreas do saber, a través dos seus Campus de Santiago e Lugo.
  • Asegurar a permanencia e propiciar a mellora dos estudos singulares, aínda que non teñan moita demanda entre os estudantes.
  • Defender a exclusividade da Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Asegurar unha maior coordinación entre servizos relacionados coa oferta docente que redunde en beneficio dos distintos colectivos implicados.
  • Ampliar a Área de Calidade para permitir aplicar dun xeito efectivo as melloras indicadas nos procesos de verificación da calidade de cada centro e simplificar os procedementos de elaboración de informes e recompilación de evidencias.
  • Obter a autorización para as titulacións de Criminoloxía e Xestión Hoteleira.
  • Crear pasarelas entre títulos de grao afíns, que permitan unha maior e mellor formación dos estudantes.
  • Establecer unha estratexia para a análise e establecemento de dobres titulacións.
  • Mellorar e modernizar os procedementos que regulan a simultaneidade de estudos en dúas titulacións.
  • Crear un plan de choque que permita recuperar estudantes nas titulacións do Campus de Lugo e garantir a viabilidade dos centros cunha moi baixa demanda.
  • Establecer protocolos de colaboración co tecido empresarial e social para mellorar a formación dos títulos de grao.
  • Simplificar os procesos de avaliación dos traballos fin de grao.
  • Negociar os criterios da Xunta de Galicia para establecer un número mínimo de estudantes de grao e máster adaptado a cada unha das titulacións, especialmente nos casos nos que a USC ten recursos para impartir a docencia.
  • Modificar os mecanismos de xestión dos graos que permitan unha maior rapidez nos procesos de matrícula, expedición de títulos e validacións.
  • Fomentar e ampliar a docencia de materias en lingua inglesa dentro dos estudos de grao.
  • Crear unha unidade específica, dentro da Área de Comunicación, para a captación de estudantes nacionais e internacionais.
  • Intensificar e mellorar os programas de prácticas externas nos graos para lograr acurtar o salto entre os estudos universitarios e o contorno laboral, modernizando especialmente os procesos de xestión.

  • Reforzar as unidades destinadas á creación e xestión de recursos en liña na docencia de grao.

 

Másteres

  • Crear unha unidade específica, dentro da Área de Comunicación, para a captación de estudantes nacionais e internacionais.
  • Asegurar unha oferta de másteres oficiais tanto en Compostela como en Lugo que garanta o carácter de universidade completa cunha oferta significativa nas cinco grandes áreas de coñecemento.
  • Asegurar e mellorar a oferta de másteres oficiais, especialmente os de carácter estritamente profesionalizante, atendendo á demanda da sociedade e fomentando fórmulas que engloben varias ofertas existentes na actualidade cun tronco común e módulos ou itinerarios de especialización.
  • Crear unha oferta de másteres dinámica que se adapte en función das necesidades da sociedade e do interese académico.
  • Asegurar a continuidade e mellorar a oferta de másteres oficiais relacionados con profesións reguladas.
  • Promover a internacionalización de másteres, incentivando a presentación de propostas ás accións europeas, e incentivar a docencia en linguas estranxeiras, especialmente en inglés.
  • Simplificar os procesos de avaliación dos traballos fin de máster.
  • Reforzar as unidades destinadas á creación e xestión de recursos en liña na docencia de máster.
  • Modernizar as plataformas de pago, sobre todo para as transferencias internacionais, que permita unha maior axilidade nos procesos de matrícula dos másteres.

  • Axustar e modernizar os procesos de xestión dos másteres, con especial atención á coordinación dos distintos órganos que participan no proceso: comisións académicas, centros, institutos, unidades de xestión, …

Doutoramento

  • Crear acordos interuniversitarios para asegurar programas de doutoramento que non acadan suficiente demanda desde a USC e que son de interese para a institución.
  • Regular a función de coordinación e das comisións académicas, aumentando o recoñecemento do esforzo dos coordinadores e coordinadoras.
  • Actualizar o regulamento do doutoramento, reducindo os tribunais de tese e mellorar os procesos de calidade en todo o proceso.
  • Revisión, á vista da experiencia dos últimos anos, do funcionamento e estrutura da Escola de Doutoramento Internacional, contemplando a viabilidade e procedencia dunha estrutura nova, que fomente  as sinerxias entre programas de ámbitos científicos interdisciplinares  e coidando as competencias transversais dos doutorandos e doutorandas. O obxectivo é crear unidades de formación encargadas de fomentar a formación interdisciplinar e transversal, as sinerxias entre disciplinas para a mellora dos programas, o aproveitamento eficaz das infraestruturas e a  formación permanente dos doutorandos e doutorandas. Crear un sistema de colaboración activa entre as escolas de doutoramento e os centros que permitan asegurar o traballo experimental e o aproveitamento eficaz das infraestruturas.
  • Integrar a actividade do actual Centro de Estudos Avanzados dentro das escolas de doutoramento.
  • Fomentar a creación de programas de doutoramento interuniversitarios e internacionais.
  • Modernizar os servizos e os protocolos de xestión do doutoramento, cunha atención especial ao Campus de Lugo.

Formación permanente

  • Cambiar o marco normativo para axilizar os procesos de creación de cursos de especialización a partir de programas oficiais e mellorar o retorno económico das matrículas nos departamentos e nos centros implicados, repercutindo un 60% dos ingresos por matrícula.
  • Reforzar a oferta de estudos de posgrao propio, de especialización e de formación permanente, atendendo a demandas cambiantes co tempo e asegurando que supoñan unha oferta rendible para a USC e para a sociedade.
  • Axilizar a tramitación dos cursos da oferta propia de especialización e de formación permanente, tanto no proceso de petición como no de autorización.
  • Intensificar a oferta semipresencial ou non presencial en programas de posgrao e de formación permanente, cunha especial atención ao alumnado latinoamericano.

  • Mellorar os recursos tecnolóxicos para a docencia e eliminar procesos burocráticos tanto na matrícula como na expedición de títulos.

 

 

Oferta docente propia

  • Regular e intensificar a oferta de docencia propia promovida polos centros, institutos e departamentos, cun claro retorno económico dos ingresos por matrícula.
  • Incrementar e modernizar a oferta de títulos propios a partir da análise das demandas da sociedade.
  • Mellorar os procesos de calidade da oferta formativa propia.
  • Axilizar os procesos de avaliación e de aprobación das propostas de títulos propios, garantindo a calidade da oferta.
  • Intensificar a oferta e as competencias do Centro de Linguas Modernas (CLM) para crear programas de formación destinados á comunidade universitaria -especialmente PAS e PDI- e conseguir mellorar as destrezas lingüísticas e aumentar os indicadores de internacionalización.
  • Creación de programas específicos de formación en español e en galego para persoas estranxeiras co obxectivo de mellorar a demanda de estudantes foráneos e complementar a oferta formativa da USC.
  • Axilizar a tramitación de cursos de oferta propia de especialización e de formación permanente, especialmente cando a súa duración é por períodos curtos e non está integrada en ofertas docentes de másteres propios.
  • Modernizar a oferta e a xestión dos programas de “cuarto ciclo” en Lugo e en Compostela.

  • Mellorar o financiamento universitario a través dunha oferta atractiva e de calidade de docencia propia.

Accións transversais de mellora da oferta docente

  • Modernizar o Centro de Posgrao e convertelo nunha unidade de xestión administrativa eficaz das ofertas docentes de posgrao e formación permanente, desde a construción da oferta ata a expedición de títulos
  • Crear un observatorio que analice o grao de competencias adquiridas, a inserción laboral e as demandas da sociedade para cada grao, máster, programa de doutoramento e curso de formación permanente.
  • Modernización das canles de comunicación en liña entre os servizos, o sistema docente e o alumnado, con clara atención aos contornos 2.0 máis estandarizados.
  • Mellorar os protocolos de seguimento e xestión das prácticas externas que garantan o cumprimento dos obxectivos propostos e a adquisición de competencias.
  • Instalar a administración electrónica nos procesos de xestión dos programas de doutoramento que permitan desde a elaboración de informes de tese a través de Internet ata a informatización de todos os documentos relacionados coa defensa.

Accións de comunicación e márketing para a oferta docente

  • Modernizar os modelos de publicidade e información da oferta docente da Universidade de Santiago de Compostela, facendo especial fincapé nas posibilidades de empregabilidade, na calidade da docencia e na xestión eficaz.
  • Reforzar os procesos de información presenciais en centros de ensino medio, do resto de España e do estranxeiro, a través da modernización do programa A Ponte e da Área de Comunicación.
  • Rendibilizar, en accións de comunicación e de mellora do prestixio, tanto os éxitos docentes coma os do alumnado e os dos servizos.

image_pdfimage_print