Somos USC. Transparentes e responsables

Gastamos 3.690 euros dos 5.000 que nos concedeu a USC.

Os nosos obxectivos

A transformación do modelo de xestión do traballo das persoas

É imprescindible que se incorporen mozos e mozas á docencia, á investigación e á administración e servizos. Debemos xestionar mellor o talento con accións de promoción e consolidación.

A transformación cultural

A universidade do século XXI debe asumir os novos valores que precisa a sociedade. Temos que redefinir o noso valor diferencial, as relacións cos diferentes colectivos sociais e abordar os comprotamentos que debemos impulsar como universidade pública.

A transformación organizativa

Debemos abordar dun xeito diferente aspectos coma a eficiencia das unidades, as nosas capacidades e as novas necesidades que debemos atender. Para iso precisamos seguridade económica, algo que xa conseguimos.

A transformación tecnolóxica

A mocidade ten ansias de aprender e nós temos a obriga de ensinar. Debemos asumir un modelo de funcionamento dixital para a docencia, a investigación e a administración.

Onde podemos vernos

Día 21 de abril

O día 21 de abril atenderemos aos medios de comunicación e a un grupo de diferentes colectivos da comunidade universitaria.

Sempre en liña

Gustaríanos escoitar as túas precoupacións ou opinións sobre os diferentes temas que afectan á nosa universidade. Estaremos encantados de recibir as túas propostas en gabinete@juanviano.com

Este sitio web utiliza cookies para que teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies